Standard set
5º de primaria
Standards
Showing 85 of 85 standards.
B1
Bloque 1. Procesos, métodos e actitudes en matemáticas
B2
Bloque 2. Números
B3
Blogue 3. Medida
B4
Bloque 4. Xeometría
B5
Bloque 5. Estatística e probabilidade
B1.1
Describir e analizar situacións de cambio para encontrar patróns, regularidades e leis matemáticas, en contextos numéricos, xeométricos e funcionais, valorando a súa utilidade para facer predicións.
B1.2
Coñecer algunhas características do método do traballo científico en contextos de situacións problemáticas a resolver.
B1.3
Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao traballo matemático.
B1.4
Superar bloqueos e inseguridades ante resolución de situacións descoñecidas.
B1.5
Reflexionar sobre as decisións tomadas, aprendendo para situacións semellantes futuras.
B2.1
Ler, escribir e ordenar utilizando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (romanos, naturais, fraccións e decimais ata as milésimas).
B2.2
Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá.
B2.3
Realizar operacións e cálculos numéricos mediante diferentes procedementos, incluído o cálculo mental, facendo referencia implícita ás propiedades da operación, en situación de resolución de problemas.
B2.4
Utilizar os números enteiros, decimais e fraccionarios para interpretar e intercambiar información en contextos da vida cotiá.
B2.5
Operar cos números tendo en conta a xerarquía nas operacións, aplicando as propiedades destas, as estratexias persoais e os diferentes procedementos que se utilizan segundo a natureza do cálculo que se realizará (algoritmos escritos, cálculo mental, tenteo, estimación, calculadora), usando o máis adecuado.
B2.6
Coñecer, utilizar e automatizar algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións da vida cotiá.
B2.7
Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
B3.1
Escoller os instrumentos de medida máis pertinentes en cada caso, estimando a medida de magnitudes de lonxitude, capacidade, masa e tempo facendo previsións razoables.
B3.2
Operar con diferentes medidas.
B3.3
Coñecer as unidades de medida do tempo e as súas relación, utilizándoas para resolver problemas da vida diaria.
B3.4
Coñecer o sistema sesaxesimal para realizar cálculos con medidas angulares.
B3.5
Identificar e resolver problemas da vida cotiá adecuados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados e reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
B4.1
Utilizar as nocións xeométricas de paralelismo, perpendicularidade, simetría, xeometría, perímetro e superficie para describir e comprender situacións da vida cotiá.
B4.2
Comprender o método de calcular a área dun paralelogramo, triángulo, trapecio e rombo. Calcular a área de figuras planas.
B4.3
Utilizar as propiedades das figuras planas para resolver problemas.
B4.4
Identificar, resolver problemas da vida cotiá axeitados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados e reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
B5.1
Realizar, ler e interpretar representacións gráficas dun conxunto de datos relativos ao contorno inmediato.
B5.2
Facer estimacións baseadas na experiencia sobre o resultado (posible, imposible, seguro, máis ou menos probable) de situacións sinxelas nas que interveña o azar e comprobar o dito resultado.
B5.3
Observar e constatar que hai sucesos imposibles, sucesos que con case toda seguridade prodúcense ou que se repiten, sendo máis ou menos probable esta repetición.
B5.4
Identificar e resolver problemas da vida cotiá axeitados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
MTB1.1.1
Identifica patróns, regularidades e leis matemáticas en situacións de cambio, en contextos numéricos, xeométricos e funcionais.
MTB1.2.1
Realiza estimacións sobre os resultados esperados e contrasta a súa validez valorando as vantaxes e os inconvenientes do seu uso.
MTB1.3.1
Distingue entre problemas e exercicios e aplica as estratexias idóneas para cada caso.
MTB1.3.2
Iniciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, tanto no estudo dos conceptos coma na resolución de problemas.
MTB1.4.1
Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa sinxeleza e utilidade.
MTB1.5.1
Iníciase na reflexión sobre os problemas resoltos e os procesos desenvoltos, valorando as ideas claves, aprendendo para situacións futuras semellantes.
MTB2.1.1
Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.
MTB2.1.2
Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
MTB2.2.1
Interpreta en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
MTB2.2.2
Ordena números enteiros, decimais e fraccións básicas por comparación, representación na recta numérica e transformación duns noutros.
MTB2.3.1
Reduce dúas ou máis fraccións a común denominador e calcula fraccións equivalentes.
MTB2.3.2
Redondea números decimais á décima, centésima ou milésima máis próxima.
MTB2.3.3
Ordena fraccións aplicando á relación entre fracción e número decimal.
MTB2.4.1
Opera cos números coñecendo a xerarquía das operacións.
MTB2.4.2
Utiliza diferentes tipos de números en contextos reais, establecendo equivalencias entre eles, identificándoos e utilizándoos como operadores na interpretación e resolución de problemas.
MTB2.4.3
Estima e comproba resultados mediante diferentes estratexias.
MTB2.5.1
Realiza sumas e restas de fraccións co mesmo denominador. Calcula o produto dunha fracción por un número.
MTB2.5.2
Realiza operacións con números decimais.
MTB2.6.1
Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.
MTB2.6.2
Descompón de forma aditiva e de forma aditivo-multiplicativa, números menores de un millón, atendendo o valor de posición das súas cifras.
MTB2.6.3
Identifica múltiplos e divisores empregando as táboas de multiplicar.
MTB2.6.4
Calcula os primeiros múltiplos dun número dado.
MTB2.6.5
Calcula todos os divisores de calquera número menor de 100.
MTB2.6.6
Calcula o mcm e o mcd.
MTB2.6.7
Descompón números decimais atendendo o valor de posición das súas cifras.
MTB2.6.8
Elabora e emprega estratexias de cálculo mental.
MTB2.6.9
Estima e redondea o resultado de un cálculo valorando a resposta.
MTB2.7.1
Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso.
MTB2.7.2
Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
MTB3.1.1
Estima lonxitudes, capacidades, masas e superficies; elixindo a unidade e os instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida, explicando de forma oral o proceso seguido e a estratexia utilizada.
MTB3.1.2
Mide con instrumentos, utilizando estratexias e unidades convencionais e non convencionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
MTB3.2.1
Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade, masa e superficie en forma simple dando o resultado na unidade determinada de antemán.
MTB3.2.2
Expresa en forma simple a medición da lonxitude, capacidade ou masa dada en forma complexa e viceversa.
MTB3.2.3
Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.
MTB3.2.4
Compara superficies de figuras planas por superposición, descomposición e medición.
MTB3.3.1
Realiza equivalencias e transformacións entre horas, minutos e segundos.
MTB3.4.1
Identifica o ángulo como medida dun xiro ou abertura.
MTB3.4.2
Mide ángulos usando instrumentos convencionais.
MTB3.5.1
Resolve problemas de medida, utilizando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios...), creando conxecturas, construíndo, argumentando… e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia da súa utilización.
MTB4.1.1
Identifica e representa ángulos en diferentes posicións: consecutivos, adxacentes, opostos polo vértice…
MTB4.1.2
Traza unha figura plana simétrica doutra respecto dun eixe.
MTB4.1.3
Realiza ampliacións e reducións.
MTB4.2.1
Calcula a área e o perímetro de: rectángulo, cadrado e triángulo.
MTB4.2.2
Aplica os conceptos de perímetro e superficie de figuras para a realización de cálculos sobre planos e espazos reais e para interpretar situacións da vida diaria.
MTB4.3.1
Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio, diámetro, corda, arco, tanxente e sector circular.
MTB4.3.2
Utiliza a composición e descomposición para formar figuras planas e corpos xeométricos a partir doutras.
MTB4.4.1
Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados, utilizando estratexias heurísticas de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando, e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia da súa utilización.
MTB4.4.2
Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e propoñendo outras formas de resolvelo.
MTB5.1.1
Aplica de forma intuitiva a situacións familiares as medidas de centralización: a media aritmética, a moda e o rango
MTB5.1.2
Realiza e interpreta gráficos moi sinxelos: diagramas de barras, poligonais e sectoriais, con datos obtidos de situacións moi próximas.
MTB5.2.1
Realiza análise crítica e argumentada sobre as informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas.
MTB5.3.1
Identifica situacións de carácter aleatorio.
MTB5.3.2
Realiza conxecturas e estimacións sobre algúns xogos (moedas, dados, cartas, loterías…).
MTB5.4.1
Resolve problemas que impliquen dominio dos contidos propios da estatística e probabilidade, utilizando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios…), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as consecuencias destas e a conveniencia da súa utilización.
MTB5.4.2
Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e propoñendo outras formas de resolvelo.
Framework metadata
- License
- CC BY 4.0 US